ESCOLA RCDeportivo2025-2026

Escola profesional de fútbol para nenos e nenas

Inscríbete

Avisos Escolas

18/08/2025

INSCRIPCIONES TEMPORADA 2025/2026

Las Escolas RC Deportivo 2025/2026 comenzarán el Miércoles 1 de Octubre.

- Alvedro: Período ya de nuevas altas para inscribirse en cualquiera de las 3 modalidades
- Sada: abiertas actualmente a los antiguos participantes hasta el miércoles 3 de Septiembre (incluido). Desde jueves 4 de Septiembre, nuevas altas.
- Bertamiráns: ¡Nueva Sede! Ya abiertas las inscripciones.
- Diversidad Funcional: Pendiente de confirmar horarios
- Zas: Pendiente de confirmar horarios.
- Colegio Jesuitinas: Preinscripción previa en las oficinas del Colegio (Exclusivo Alumnos/as).

Os animamos a estar atentos a nuevas novedades y a contactarnos.

¡Os esperamos!

Escola RC Deportivo

Escola RC Deportivo: Desde a Temporada 2018/2019, o Real Club Deportivo conta con escolas de fútbol, ​​a través da súa Fundación.

A súa finalidade principal é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas, de maneira individual, persoalizada e atendendo ás necesidades de cada un, converténdose nun referente na formación de futbolistas novos.

En cada Escola RC Deportivo respírase deportivismo. Os nenos e nenas adestran contidos complementarios os que poden desenvolver nos seus clubs ou no seu tempo libre, para afondar no coñecemento e na formación no fútbol, baixo a supervisión de adestradores cualificados e con experiencia do Real Club Deportivo.


Sede Escola Indoor Alvedro: Sede principal na Coruña, nunha instalación cuberta e pechada, ideal para os adestramentos complementarios de tecnificación que se traballan.
Existen 3 tipos de Escolas en función da idade e nivel dos participantes, con horarios diferenciados debido a que é unha sede con prazas moi limitadas.

  • Iniciación: Pensada para os xogadores/máis pequenos entre os 4 e 6 anos que queren iniciarse no fútbol, desenvolvendo habilidades motrices básicas, familiarizándose co balón e os aspectos técnicos específicos do fútbol así como as normas básicas do xogo, a través dunha metodoloxía global e lúdica. Tipo de Escola exclusiva na sede de Alvedro, que é unha instalación cuberta e pechada.
  • Tecnificación: Pensada para nenos/as entre 7 e 11 anos que se inician na práctica do fútbol e que queren mellorar os seus aspectos técnicos e o seu xogo a través da metodoloxía RC Deportivo.
  • Perfeccionamiento: Pensada para xogadores/as entre 7 e 14 anos con experiencia, que queren dar un paso máis no seu rendemento deportivo a través dun adestramento máis individualizado e adaptado, con grupos máis reducidos, seguimento e avaliación continua do xogador e coa metodoloxía RC Deportivo.


Escolas Externas: Dirixida a xogadores/as de entre 6 e 14 anos, repartidas en diferentes puntos da provincia da Coruña en campos de fútbol 11 que se inician na práctica do fútbol e que queren mellorar os seus aspectos técnicos e o seu xogo a través da metodoloxía RC Deportivo.


Escola RC Deportivo Diversidade Funcional: Desde a tempada 2022/23 a Fundación RC Deportivo conta cunha escola na cidade deportiva de la Torre (A Coruña) destinada a todas as persoas con Diversidade Funcional entre 9 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

A quen vai dirixida?
A xogadores e xogadoras
4-6 anos
(Iniciación)
7-10 anos
(Tecnificación)
7-14 anos
(Perfeccionamiento)
9-40 anos
(Diversidad funcional)
6-14 anos
(Resto de sedes)

Onde e cando

Curso 2025-2026

A Fundación Real Club Deportivo dispón de escolas por a xeografía galega. Cada Escola RC Deportivo ten unha duración anual (seguindo o calendario escolar), coa opción de matricularse como mínimo 1 mes e de adestrar 1 ou 2 horas á semana, en quendas de 1 hora. Inscríbete ás clases entre os meses de outubro e maio

Escolle a sede para ver os horarios dispoñibles

Inscríbeche ás clases entre os meses de Outubro e Maio
PadelPlus, Rúa José Espronceda, s/n15180 Alvedro, A Coruña
Luns 16:30-17:30
Quedan 17 prazas dispoñibles.
Martes 17:00-18:00
Quedan 17 prazas dispoñibles.
Mércores 17:00-18:00
Quedan 17 prazas dispoñibles.

O profesorado

Cada Escola RC Deportivo conta con profesionais de primeiro nivel, no campo da educación e o deporte, Graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, adestradores coa cualificación correspondente a nivel federativo ou educativo e con gran experiencia na formación de futbolistas novos, ​moitos deles na canteira do Real Club Deportivo.

Escola RC Deportivo

A metodoloxía

Todas as Escola RC Deportivo caracterízanse por ter en común o establecer grupos reducidos por idade e nivel, adestrando a metodoloxía da canteira do RC Deportivo e dirixidas por adestradores das categorías inferiores do RC Deportivo.

Ademais, de maneira transversal, búscase a educación en valores, o desenvolvemento integral do xogador/a e o achegamento á realidade do RC Deportivo a través das actividades complementarias.

Iniciación (Exclusiva da sede de Alvedro):
Instalación Cuberta e Pechada.
Grupos reducidos de máximo 8 xogadores/as
Descubrimento do xogo e as súas regras.
Familiarización co balón e xogos predeportivos.
Habilidades Motrices básicas e psicomotricidade.
Tecnificación:
Grupos reducidos de máximo 8 xogadores
Metodoloxía específica do adestramento de fútbol 8 do RC Deportivo.
Mellora de xestos técnicos ofensivos e defensivos
Axuda na comprensión do xogo do xogador e toma de decisión.
Perfeccionamento:
Grupos reducidos de máximo 5 xogadores
Prazas moi limitadas por quenda/espazo
Tarefas analíticas buscando a mellora de xestos técnicos específicos con balón.
Plans de adestramento individualizados coa metodoloxía do RC Deportivo.
Seguimento e avaliación continua do xogador.
Proba de nivel gratuíta.

Que inclúen?

1 ou 2 h/semana
1 ou 2 horas de adestramento/semana con técnicos do Real Club Deportivo.
Seguro
Seguro de accidentes.
Diploma
Diploma ao finalizar a súa estancia na Escola.
(Estancia mínima 1 mes).
Sorteos
Participación sorteos de agasallos, entradas, entre os integrantes da Escola.
Equipamento
Equipamiento do RC Deportivo KAPPA composto por camiseta e pantalón. (Opción de adquirir chubasqueiro a maiores)
Actividades sorpresa
Non quedes sen praza
Inscríbete

Tarifas

A primeira vez que se inscriba na Escola deberá abonar a matrícula que será:

30€ Prezo normal
25€ Prezo reducido
OPCIÓN 1H/SEMANA

Pódese acudir unicamente a adestrar unha hora.

55€/mes Sen desconto
50€/mes Con desconto
OPCIÓN 2H/SEMANA

Pódese acudir unicamente a adestrar 2 horas, nas diferentes quendas.

100€/mes Sen desconto
90€/mes Con desconto
Forma de pago

Mediante pago con tarxeta ou domiciliación unha vez feita a inscrición na plataforma.

Aplicación de desconto
  • Socios/Accionistas do RC Deportivo
  • Familias numerosas
  • Familias que inscriban a máis dun fillo
    (Aplicarase o desconto para cada un deles)
  • Antigos participantes nos DéporCampus
  • Antigos participantes na Escola RC Deportivo
  • Xogadores pertencentes ao clube colaborador
  • Desconto especial fixado polo colaborador
Participación mínima

A participación mínima deberá ser mensual, non podendo darse de baixa un alumno ou alumna que se matriculou nese mesmo mes. (Salvo por causa de forza maior). A baixa deberá solicitarse previamente 10 días antes de finalizar o mes.

Este sitio utiliza, unicamente, cookies técnicas que resultan necesarias para o correcto funcionamento da páxina web e a navegación do usuario polo portal.

Non se solicitan, nin ceden, datos de carácter persoal dos usuarios que acceden a este portal sen o seu coñecemento.

Política de cookies.