ESCOLA RCDeportivo

Escola profesional de fútbol para nenos e nenas

Inscríbete

Avisos Escolas

Non hai avisos pendentes

Escola RC Deportivo

Escola RC Deportivo: Desde a Temporada 2018/2019, o Real Club Deportivo conta con escolas de fútbol, ​​a través da súa Fundación.

A súa finalidade principal é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas, de maneira individual, persoalizada e atendendo ás necesidades de cada un, converténdose nun referente na formación de futbolistas novos.

En cada Escola RC Deportivo respírase deportivismo. Os nenos e nenas adestran contidos complementarios os que poden desenvolver nos seus clubs ou no seu tempo libre, para afondar no coñecemento e na formación no fútbol, baixo a supervisión de adestradores cualificados e con experiencia do Real Club Deportivo.


Escola RC Deportivo Diversidade Funcional: Desde a tempada 2022/23 a Fundación RC Deportivo conta cunha escola na cidade deportiva de la Torre (A Coruña) destinada a todas as persoas con Diversidade Funcional entre 14 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

A quen vai dirixida?
A nenos e nenas
6-14 anos

Onde e cando

A Fundación Real Club Deportivo dispón de escolas por a xeografía galega. Cada Escola RC Deportivo ten unha duración anual (seguindo o calendario escolar), coa opción de matricularse como mínimo 1 mes e de adestrar 1 ou 2 horas á semana, en quendas de 1 hora. Inscríbete ás clases entre os meses de outubro e maio

Escolle a sede para ver os horarios dispoñibles

Inscríbeche ás clases entre os meses de Abril e Maio
PadelPlus, Rúa José Espronceda, s/n15180 Alvedro, A Coruña
Luns 17:30-18:30
Quedan 1 prazas dispoñibles.
Luns 18:30-19:30
Non quedan prazas. Lista de espera
Mércores 17:30-18:30
Non quedan prazas. Lista de espera
Mércores 18:30-19:30
Non quedan prazas. Lista de espera
Venres 17:30-18:30
Non quedan prazas. Lista de espera
Venres 18:30-19:30
Non quedan prazas. Lista de espera
Venres 19:30-20:30
Non quedan prazas. Lista de espera

O profesorado

Cada Escola RC Deportivo conta con profesionais de primeiro nivel, no campo da educación e o deporte, Graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, adestradores coa cualificación correspondente a nivel federativo ou educativo e con gran experiencia na formación de futbolistas novos, ​moitos deles na canteira do Real Club Deportivo.

Escola RC Deportivo

A metodoloxía

Toda Escola RC Deportivo está aberta a calquera neno ou nena que desexe participar, independentemente do seu nivel técnico ou da súa experiencia futbolística. Os grupos establécense por idade e niveis de práctica.

A metodoloxía de cada Escola RC Deportivo ten tres piares fundamentais: a educación en valores, o desenvolvemento motor do alumno e o achegamento e o adestramento no fútbol.

Grupos pequenos
Contextos específicos do xogo
Gravación de adestramentos e corrección de erros.
Mellora dos xestos técnicos e comprensión do xogo do xogador.
Competición de avaliación interna

Que inclúen?

1 ou 2 h/semana
1 ou 2 horas de adestramento/semana con técnicos do Real Club Deportivo.
Seguro
Seguro de accidentes.
Diploma
Diploma ao finalizar a súa estancia na Escola.
(Estancia mínima 1 mes).
Sorteos
Participación sorteos de agasallos, entradas, entre os integrantes da Escola.
Equipamento
Equipamiento do RC Deportivo KAPPA composto por camiseta e pantalón. (Opción de adquirir chubasqueiro a maiores)
Actividades sorpresa
Non quedes sen praza
Inscríbete

Tarifas

A primeira vez que se inscriba na Escola deberá abonar a matrícula que será:

30€ Prezo normal
25€ Prezo reducido
OPCIÓN 1H/SEMANA

Pódese acudir unicamente a adestrar unha hora.

50€/mes Sen desconto
45€/mes Con desconto
OPCIÓN 2H/SEMANA

Pódese acudir unicamente a adestrar 2 horas, nas diferentes quendas.

95€/mes Sen desconto
85€/mes Con desconto
Forma de pago

Mediante pago con tarxeta ou domiciliación unha vez feita a inscrición na plataforma.

Aplicación de desconto
  • Socios/Accionistas do RC Deportivo
  • Familias numerosas
  • Familias que inscriban a máis dun fillo
    (Aplicarase o desconto para cada un deles)
  • Antigos participantes nos DéporCampus
  • Antigos participantes na Escola RC Deportivo
  • Xogadores pertencentes ao clube colaborador
Participación mínima

A participación mínima deberá ser mensual, non podendo darse de baixa un alumno ou alumna que se matriculou nese mesmo mes. (Salvo por causa de forza maior). A baixa deberá solicitarse previamente 10 días antes de finalizar o mes.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.